FANDOM


EPI TPM poster

Star Wars Episodio I: A Ameaza Pantasma é unha película de ciencia-ficción do ano 1999 dirixida e escrita por George Lucas. É a cuarta entrega da saga A Guerra das Galaxias e a primeira en orde cronolóxica. O filme estreouse 22 anos despois da estrea de Unha Nova Esperanza.

A trama describe a historia do mestre Jedi Qui-Gon Jinn e do seu Padawan Obi-Wan Kenobi, os cales escoltan e protexen a raíña Amidala desde o seu planeta Naboo até Coruscant coa esperanza de atopar unha saída pacífica nun conflito comercial interplanetario a gran escala. Tamén trata do novo Anakin Skywalker antes de converterse en Jedi, o cal é presentado como un escravo cun potencial da Forza inusualmente forte.

George Lucas empezou a produción da película despois de chegar á conclusión que a tecnoloxía dos efectos especiais había avanzado o suficiente para facer a cuarta entrega da saga. A rodaxe empezou o 26 de xuño do 1997 a diferentes lugares, entre os cales, unha vez máis, a estepa tunisiana. Os efectos especiais inclúen un gran número de escenas xeradas por computador; algunhas das súas personaxes e paisaxes son creados na súa totalidade por esta tecnoloxía.

A película foi estreada nos cinemas o 19 de maio do 1999, dezaseis anos despois do anterior, O Retorno do Jedi, do 1983. A súa estrea foi moi aclamada e recibiu unha gran cobertura tanto en canto aos medios de comunicación como polo gran número de fans que o esperaron durante todos estes anos.

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou