FANDOM


Includes CC-BY-SA content from Wikipedia's Star Wars Episode VII: The Force Awakens article (authors)
Star Wars Episode VII The Force Awakens.jpg

Star Wars Episodio VII: O Espertar da Forza é un filme estadounidense dirixido por J. J. Abrams que foi estreado en decembro do 2015. É o sétimo título na serie de filmes de Star Wars, e está protagonizado por John Boyega, Daisy Ridley, Adam Driver, Oscar Isaac, Andy Serkis, Domhnall Gleeson e Max von Sydow, xunto con Harrison Ford, Carrie Fisher, Mark Hamill, Anthony Daniels, Peter Mayhew e Kenny Baker. A historia está ambientada aproximadamente 30 anos despois dos eventos de O Retorno do Jedi (1983).

O Espertar da Forza é o primeiro filme da terceira triloxía de Star Wars, despois da adquisición feita por The Walt Disney Company de Lucasfilm en outubro do 2012. Foi producido por Abrams, o seu colaborador habitual Bryan Burk, e a presidenta de Lucasfilm Kathleen Kennedy. Ademais de dirixir e producir, Abrams foi co-guionista con Lawrence Kasdan, que tamén escribiu os filmes da triloxía orixinal O imperio contraataca e O retorno do Jedi. Abrams e Kasdan reescribiron un guión inicial de Michael Arndt. John Williams volve ser o compositor da banda sonora, e o creador da saga, George Lucas, é o asesor creativo.

O filme está producido por Walt Disney Pictures, Lucasfilm, e Bad Robot Productions e foi distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. A fase de rodaxe comezou en abril do 2014 en Abu Zabi e Islandia, e a fotografía realizouse entre maio e setembro do 2014 en Abu Zabi, Irlanda, e Pinewood Studios en Inglaterra. The Force Awakens foi estreado o 18 de decembro do 2015 en 2D, 3D e IMAX 3D.

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou